Quinta-feira, 12 de Junho de 2008

A piques de subir ao autocarro..



Con esta imaxe do primeiro All Star no que os daquela únicos palanadores da Galiza se achegaban á pista da Zapateira na Coruña, queremos ilustrar o post que anuncia que está todo listo no NorOeste para que esa data que todos levabamos agardando se produza co éxito que avanza o isuperabel cartaz de Nachok. Todos os palanadores e seguidores deste espectáculo están ansiosos por coñecer e participar no desenlace da competición e para eles vai a folla de ruta previa ao encontro das estrelas:

Adestramentos oficiais dirixidos polo seleccionador
Venres ás 17:00
Pista da Zapateira

Os adestramentos servirán para a concentración psicolóxica antes do choque e a posta a punto do material, ademáis de facer piña entre os palanadores amigos e rivais durante un ano que agora partirán na mesma expedición cara Compostela. O adestramento estará dirixido por Lois Fontán, seleccionador do NorOeste.

Subida ao autocarro do NorOeste
Domingo ás 10:00
Esplanada de Riazor (diante do estadio do Liceo)


A autocarro do NorOeste partirá cara o complexo deportivo de Conxo no que se disputará o PlayOff, coas súas equipacións regulamentarias e cos siareiros e acompañantes incluido. O autocarro do NorOeste pon a disposición de todos os seguidores da billarda-LNB as prazas dispoñibles, polo que animamos a todos os seguidores (coñecidos ou non) a que se suban ao carro gañador.

A partir dese momento desputarase a competición segundo o previsto:

12:00 Final do campionato de mulleres
13:00 Final do campionato de equipos

16:00 Final do campionato de varados
17:00 Final individual

Terça-feira, 10 de Junho de 2008

PLAY OFF

Auténtica envexa sinte calquera competición deportiva por este cartaz que anuncia a data que ficará para a historia:

15 de xuño de 2008

Primeiro Play-off Nacional de Billarda


Despois de anos de loita e décadas de arelas podemos gabarnos de poder anunciar a final da primeira competición deportiva nacional. A cita será recordada en décadas, porén non está sendo doada a preparación de tan ansiado día. Ainda así, e cun cartaz feito polo espectacular nachok que nen o mesmísimo Sonar chegará a alcanzar animámosvos a que vivades connosco o irrepetíbel Play Off.

Ésta é a equipa de valentes que enviamos para bregar en noble loita cos amigos e rivais da Conferencia NorLeste, capitaneados polo noso seleccionador Lois Fontán:

Equipa "Filloas de Sangue":

Roi
David
Lamas
Lois
Aitor
Alberto
Xende


Xogadores individuais:

Kiko
Sak
Sergio
Alberto
Lois Fontán
David Fontán
Juanjo
Roi

Suplentes: Leticia, Ghanito, Maceira, Besbe


Varados:

Juanjo
Sak
Lois Fontán
Sergio

Suplente: Ghanito


Mulleres:

Leticia, Besbe, Maria

Domingo, 11 de Maio de 2008

Final liga regular no NorOeste

O domingo 11 de maio de 2008 xogouse a oitava xornada da conferencia NorOeste na xa mítica pista de billarda da Zapateira. A esta xornada chegaban todos os palanadores conscientes das súas posibilidades reflectidas nas táboas finais pero un dos títulos máis desputados e cobizados era o de campión por equipos. Nunha histórica cita en Ledoira, electrónicos e filloas de sangue recurtaron distancias aos potentísimos xarutos; ficando a última xornada como decisiva.

E así comezaron as cousas cunha tensión que xa reflectían as crónicas lanzadas a o varal morse, que tentaban transmitir toda a tensión competitiva que se estaba a vivir na pista, na que os xogadores renunciaron ao típico quentamente previo ao partido 25 minutos antes deste, buscando concentración e soidade. Toda esta presión viviuse sobre o terreo de xogo, no que os xogadores das franquicias involucradas tiñan serios problemas para chegar aos seus habituais porcentaxes de acerto. Ainda así despois da primeira carreira de todos os xogadores comezouse a ver coma despuntaban os filloas de sangue, mentres xarutos e electrónicos se puñan nerviosos.



O partido avanzaba e os cálculos sobre as posibilidades de alcanzar aos xa en cabeza Filloas reducíanse ata chegar á última carreira na que Sak e Alberto se xogaban a victoria dos Filloas ou o empate e posterior prórroga; a tensión era máxima e nunha carreira en 5 interminables golpes Sak gañaba continuando coa emoción até o fin.

O desempate pactado antes do encontro consistía na escolla de 3 xogadores de cada franquicia a desempatar. O acaso quixo que Alberto e Sak voltaran a verse as caras na primeira das tres carreiras, mais o desenlace foi diferente, un empate que deixaba o resultado totalmente aberto. Despois foron Besbe e David, a este último non lle temblou o pulso e conseguiu unha carreira moi rápida que fulminou a Besbe. Por último Juanjo precisaba gañar para empatar e ir ao segundo desempate pactado, a billarda máis larga; mais Roi seguiulle á zaga e nun último punto no que se pararon os reloxos na pista, Roi tiña no seu palán o empate da carreira e por tanto a consecución do título para os filloas. Roi non fallou e a alegría estourou no equipo máis mozo da conferencia, que xuntaban nunha piña celebrándoo como os grandes campións que son. Axiña todos os palanadores os foron felicitar, nomeadamente os xa subcampións electrónicos e os tercieros clasificados xarutos.


Despois das felicitacións a foto de familia e dos equipos desta última xornada (especialmente mermada a tribu billardeira nesta ocasión) que quedarán para a historia.




FELICIDADES CAMPIÓNS!!!




E por último os comentarios dos palanadores no regreso de Televaral, en próximas edicións máis información deste impresionante día.



Sexta-feira, 9 de Maio de 2008

VIII Xornada

E rematamos na casa... Despois do partido que disputou a selección do Norte contra a do Sur no I Aberto do Salnés, con victoria dos últimos, a nosa liga chega ao seu fin. Nestas tres semanas de descanso desde o VII torneo os palanadores puideron adestrar de cara ao ultimo envite desta emocionante liga, que se celebrará na nosa pista, na Zapateira. Aquí decidirase que franquicia e que xogadores disputarán o play-off de Santiago contra os clasificados do NorLeste. Todo está moi apretado, e tres franquicias, Xarutos, Filloas de Sangue e Electrónicos, están nunha mínima distancia de 4 puntos. Por outra parte, a clasificación individual e a de varados tampouco están decididas, así que non se lle pode pedir máis a esta última xornada. Este domingo esperámosvos a todos na Zapateira para desfrutar do peche da liga do NorOeste!

Día: domingo 11 de abril
Hora: 17:00
Lugar: Pista de billarda da Zapateira

Segunda-feira, 28 de Abril de 2008



Ledoira convertiuse en capital da billarda este domingo día 20 de abril, mes que facendo honra á súa fama estivo a piques de asulagar Pontecarreira enteira na penúltima xornada da liga da Conferencia do NorOeste. Se nun comezo se tiña pensado xogar ao aire libre nesta primeiro partido fora do campo da Zapateira, o tempo fixo que todos os palanadores presentes disputaran o partido no Polideportivo do Concello de Pontecarreira. De novo agradecerlle aos Xarutos as súas xestións e traballo para que todo saíse ben e o interese que desataron por toda a zona mediante a colocación de cartaces que anunciaban a competición por todos os bares da zona, como todo evento que se prece debería ser sempre publicitado.


Os Xarutos, Os electrónicos e Os Filloas de Sangue acudiron con todos os seus membros ao punto de encontro pactado: o Nogallás, en Ordes. Alí tamén estaba o novo equipo que se ía estrenar na billarda, os Fendepaus, con integrantes do concello de Cerceda e que para a liga 2008-2009 van aportar dúas novas franquicias á LNB-NorOeste. Atreu acudiu con poucos xogadores ao igual que Taravelas, tendo como único representante a Xaquín, con todo e sendo poucos van ser dous equipos que darán moito que falar visto o seu magnífico manexo co palán. Fallaron á convocatoria Os Cuackeros e os Centolos Rabudos.

O partido foi moi emocionante e os Fendepaus, da man de Pablo, conseguiron o seu primeiro varado, o outro varado do partido correu da man de Moaña, dos Atreu. Destacar tamén a Xaquín que fixo 5 puntos para a súa franquicia. Anque Atreu e Taravelas non compiten para gañar na liga, xa se amosaron receptivos a sobornos para o próximo partido onde se decidirá o campeón da Conferencia NorOeste, porque o día 11 de maio a cousa vai estar fervendo xa que neste partido Os Xarutos, xogando na casa e todo, permitiron que Os Filloas de Sangue se achegasen perigosamente á súa posición na clasificación da liga a tan so 2 puntos e iso que David estaba lesionado. Por outra banda Os electrónicos siguen lentos pero seguros, con 100 puntos, a catro dos Xarutos. Durante o partido palpábase a tensión, víanse billardas rolar esvaradizas polo terreo de xogo, membros dos Fendepaus algo despistados ante o descoñecemento das normas, chuzos de punta a caer no teito do polideportivo e finalmente a clasificación final quedou cos Xarutos á cabeza con 104 puntos, os Filloas de Sangue pisándolles o rabo e Os electrónicos dando guerra ata o final.


Deste xeito a próxima xornada vai ser decisiva, emocionante, cardíaca, infartante…e aínda non sabemos onde se vai disputar: se no campo da Zapateira, se en terras de Cerceda, se en Compostela…a Conferencia NorOeste está aberta a todas as opcións e os xogadores dispostos a dalo todo, de feito xa se sabe de equipos que están entrenando coa intención de facerse co liderazgo e disputar en Compostela a gran final cos Billardeiros Musicais da Conferencia NorLeste.


Despois do partido Os Xarutos levaron aos que aínda tiñan folgos ata O´Cadaval a tomar a última e comentar os detalles desta penúltima xornada e toda a Conferencia NorOeste agradécelles o esforzo que fixeron para que o día fose un éxito a pesar da choiva.


Para este domingo, palanadores da nosa conferencia hanse achegar a disputar a I Copa do Salnés e a seguinte cita, non esquezades: o 11 de abril, onde se decidirá o campeón da Conferencia NorOeste.

Quarta-feira, 23 de Abril de 2008

Sétima Xornada

A penúltima xornada da conferencia NorOeste deixa todo por decidir para a vindeira cita. Os 3 equipos que encabezan a clasificación arrexúntanse cunha distancia entre eles de tan só 4 puntos que se resolverá na 8ª e definitiva xornada. Fillos de sangue recupera o segundo posto e Os Xarutos perden unha boa oportunidade para entonar o famoso alirón.

Salientar o debut dunha nova franquicia procedente de Cerceda: os Fendepaus.



Xogador Franquicia Puntuación
XAN ATREU 6
BENI F.BRANCA 6
XAQUIN TARAVELAS 5
MOANHA ATREU 5
ROI FILLOAS DE SANGUE 5
SAK OS ELECTRÓNICOS 4
LAMAS FILLOAS DE SANGUE 4
KIKO XARUTOS 4
BESBE OS ELECTRÓNICOS 4
DAVID FILLOAS DE SANGUE 4
AITOR FILLOAS DE SANGUE 4
PABLO FENDEPAUS 4
JANO ATREU 3
SERGIO XARUTOS 3
JUANJO OS ELECTRÓNICOS 3
LOIS FILLOAS DE SANGUE 3
ALBERTO FILLOAS DE SANGUE 3
GHANITO OS ELECTRÓNICOS 2
SUSO OS ELECTRÓNICOS 2
MACEIRA XARUTOS 2
SAMUEL FENDEPAUS 2
COTÓN F.BRANCA 2
ROBERTO F.BRANCA 2
ANTÓN ATREU 1
LETICIA XARUTOS 0
ANABEL ATREU 0
REBECA FENDEPAUS 0
JAVIER FENDEPAUS 0









Clasificación por franquicias



Franquicia Puntuación
Os xarutos 104
Filloas de sangue
102
Os electrónicos
100
Atreu 48
Cuackeros 31
Centolos rabudos 24
Taravelas 29
Fendepaus 6









Clasificación xeral



Xogador Franquicia Puntuación
Kiko Os xarutos 35
Sak Os electrónicos 31
Sergio Os xarutos 30
Lamas Filloas de sangue 24
Luis Fontán Filloas de sangue 23
Leticia Os xarutos 22
David Fontán Filloas de sangue 22
Ghanito Os electrónicos 21
Juanjo Os electrónicos 20
Suso Os electrónicos 19
Maceira Os xarutos 18
Besbe Os electrónicos 18
Roi Filloas de sangue 18
Jairo Centolos rabudos 16
Alberto Filloas de sangue 15
Xaquin Taravelas 15
Jano Atreu 13
Xan Atreu 12
Anton Atreu 11
Alex Fente Cuackeros 10
Anxo Taravelas 8
Aitor Filloas de sangue 5
Moanha Atreu 5
Tomi Cuackeros 4
Mariano Cuackeros 4
Xavi Taravelas 4
Pablo Fendepaus 4
Maria Atreu 3
Xosé Centolos rabudos 3
Bego Centolos rabudos 2
Bea Cuackeros 2
Mónica Cuackeros 2
Juan Taravelas 2
Samuel Fendepaus 2
Ilde Cuackeros 1
Marise Taravelas 1






Clasificación de varados



Xogador Franquicia Puntuación
Sak Os electrónicos 3
Juanjo Os electrónicos 3
Anxo Taravelas 2
Jairo Centolos rabudos 2
L. Fontán Filloas de sangue 2
Ghanito Os electrónicos 1
Ilde Cuackeros 1
Suso Os electrónicos 1
Sergio Os xarutos 1
Lamas Filloas de sangue 1
Moaña Atreu 1
Pablo Fendepaus 1

Sexta-feira, 18 de Abril de 2008

Ledoira epicentro mundial da Billarda

Este domingo despútase a 7ª xornada na Conferencia NorOeste, a penúltima do calendario deste ano; que terá o seu cumio o domingo 25 no grande play off en Compostela. Despois de ir abrindo camiño e ir sumando xogadores e franquicias nesta exitosa tempada, atopámonos nun momento no que a normalidade competitiva é total, un mérito de toda a familia do NorOeste que se implicou de xeito absoluto na competición. Mais este domingo subiremos un chanzo máis na ampliación dos dominios da Liga Nacional de Billarda xa que por primeira vez na tempada competiremos fora da cidade da Coruña.

A cita será en Ledoira un lugar do interior do noroeste galego, perto das vilas de Ordes e Cuntis; que xa está agardando con total expectación a serpre multicolor da LNB, gracias ao espectacular traballo de Sergio e de todos os Xarutos, que ademáis de grandes palanadores demostran a súa total implicación na LNB.

Ademáis desta magnífica nova, en Ledoira contaremos cunha nova franquicia ainda sen bautizar que se une á tribu billardeira. Se ti tamén queres unirte coma xogador federado, xogador por un día ou siareiro, a cita é en Ledoira ás 18:00. E se ainda non coñeces Ledoira, a expedición do NorOeste partirá ás 17:00 dende o centro de Ordes (Nugallás) ata Ledoira.

Únete ao espírito imparable da Liga Nacional de Billarda!!